Un dos mandos de Street Fighter IV padece artrose
martes, 17 de febreiro do 2009
O impresionante mando arcade
de Mad Catz dispoñible polo momento só fóra de España para a PlayStation 3 e a
Xbox 360 coa imaxe do xogo Street Fighter IV poderÃa ter
un defecto
de fabricación que algúns comparan coa artrose humana,
que consiste en que o corpo do mando queda atrapado nunha das diagonais en vez
de volver á súa posición orixinal cando se solta, fallo que están
a reportar moitos usuarios deste accesorio.
Nun principio este mando tardarÃa varias semanas en chegar ás tendas españolas,
e distintas informacións apuntan a que poderÃa demorarse o seu lanzamento en moitos
paÃses europeos, aÃnda que os usuarios que queiran facerse cun de importación
deberÃan ter en conta a posibilidade de recibir un dispositivo defectuoso (que
segundo diversos foros pode arranxarse con Super
Glue 3, xa que o fallo detectado corresponderÃa a unha mala fixación dun
compoñente interno).