Un documental e unha páxina web renden homenaxe aos voluntarios do Prestige
mércores, 9 de maio do 2012
- Cartel do documental de Isabel Coixet
A Asociación Profesional do Sector TurÃstico da Costa da
Morte (APTCM) emprendeu
a campaña Galicia en color para
favorecer os reencontros do voluntariado que colaborou cos traballos de limpeza
da costa galega tras o desastre do Prestige como agradecemento ao que fixeron
hai unha década, e que agora vai completarse con Marea Blanca, un documental de Isabel Coixet que o vindeiro dÃa 16
estrearase no Cine Callao de Madrid, podendo verse na Rede a partires do dÃa
seguinte.
Este documental de 30 minutos conta as historias e motivacións persoais de quen
deixou o seu fogar, traballo ou tempo de vacacións para realizar o duro labor
de recoller coas súas propias mans vertidos tóxicos que tinguiron de negro o
litoral galego. Para contar esta historia Marea
Blanca céntrase na voluntaria Soledad Méndez, que chegou dende Estremadura
e decidiu quedar en Galicia para sempre tras iniciar unha relación con outro
voluntario (que rematou cunha filla como froito, que leva por nome AlegrÃa
Fisterra). Coixet tamén fai un achegamento aos pescadores da Costa da Morte e a
outra parella formada limpando a costa de MuxÃa (o galego Nacho Castro e a
catalá Nuria Blanco).
Este proxecto enmarcado en Coronita Save
the Beach non se limita a unha peza audiovisual, senón que tamén conta
cunha plataforma en
liña que está a construÃrse como un monumento virtual na honra dos
colaboradores, e na que tamén pode verse a fotografÃa panorámica máis
grande do mundo que amosa o estado actual dos 274 quilómetros de costa
afectados, sobre os que se proxectan os nomes de moitos voluntarios
xeoposicionando imaxes que tomaron durante a limpeza do vertido, de xeito que
podemos ver o antes e o despois do enorme esforzo que serviu para salvar a
costa.
- Marea Blanca na Internet ofrece unha homenaxe en forma de fotografÃa panorámica na que localizan a numerosos voluntarios