Un dispositivo para o coche asegura que bloquea os localizadores GPS

martes, 22 de abril do 2008 Marcus Fernández

O GPS Tracker Defence se conecta ao acendedor do coche

As persoas máis preocupadas pola súa intimidade, e que queiran evitar ser rastrexados poden adquirir un novo dispositivo co que desprazarse no coche tranquilos, pois o GPS Tracker Defence con só conectarse no acendedor do vehículo desactiva calquera dispositivo GPS a 5 metros de distancia, o que impediría o funcionamento de localizadores instalados no coche.
Os curioso dispositivo emitiría un pulso electromagnético que impide o funcionamento de localizadores GPS o que tamén podería desactivar navegadores GPS e outros trebellos semellantes.
Este dispositivo parece deseñado para paranoicos, que poderán estar máis tranquilos se pagan as 149,99 libras esterlinas (187,22 euros) que custa o defensor de localizadores GPS.

PUBLICIDADE