Un dispositivo Android do tamaño dunha memoria USB

venres, 18 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Este curioso dispositivo permite levar Android a televisores e ordenadores

Cotton Candy é un dispositivo con forma de memoria USB cunhas dimensións de 2 x 2,5 centímetros e un peso de 21 gramos, que está en fase de prototipo, pretendendo a súa comercialización en 2012 a un prezo inferior aos 200 dólares e que sería como un ordenador en miniatura que funcionaría co sistema operativo Android 2.3 e contaría entre as súas especificacións cun procesador ARM Cortex A9 a 1,2 GHz, gráfica ARM Mali-400MP de 4 núcleos, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, 1 Gb de RAM, ata 64 Gb de almacenamento baseado en tarxetas microSD e un porto USB 2.0 (para que opere como almacenamento USB ou para a achega de corrente) e HDMI 2.1 (de xeito que pode converter un televisor nun dispositivo con Android).
Este pequeno trebello serviría, como xa comentamos, para dotar de prestacións avanzadas a un televisor, pero tamén podería accederse ao mesmo a través de virtualización conectándoo por USB a un PC ou un Mac, podendo aproveitar o teclado, o rato e a pantalla do equipo para correr Android (aínda que con certas limitación provocadas por non estar ante un móbil ou un dispositivo con pantalla táctil).

O Cotton Candy conta con portos USB e HDMI

PUBLICIDADE