Un curso en liña formará aos profesionais do sector en márketing dixital e xestión de redes sociais
venres, 9 de outubro do 2020
A Xunta, a través da Fundación ArtesanÃa de Galicia,
organiza un
curso online de formación para achegar o sector artesán galego aos novos
métodos de márketing e de comunicación, asà como mellorar a competitividade
e a comercialización nas súas empresas. As clases terán lugar os dÃas 22, 23,
29 e 30 de outubro e mais o 5 de novembro. A inscrición
está aberta vÃa web.
Ao longo da formación traballarase sobre a estratexia
dixital, a construción da marca, a venda online, a creación de contido, o uso
das redes sociais como ferramenta de difusión e de xeración de negocio, regras
e tipos de contidos para as diferentes redes, a publicidade online e as
ferramentas de monitorización e seguimento de clientes. Cada un dos
participantes terá acceso a unha consultorÃa individualizada, na que poderá
analizar o caso da súa marca e da súa estratexia dixital.
A formación correrá a cargo de Javier Rocamora, consultor e
formador especialista en márketing online, xestión de redes sociais e comercio
electrónico. Conta con 28 anos de experiencia profesional ligados ao mundo do
márketing e das vendas e está centrado no eido dixital desde o ano 2005.
Nesta última parte do ano, a Fundación ArtesanÃa de Galicia
está a introducir a modalidade online na súa proposta formativa, ademais de
potenciar os contidos relacionados coa presenza dixital e a difusión e a
comercialización online, co obxectivo de apoiar o sector artesán galego na
apertura de novas vÃas para achegar o seu produto aos clientes e afianzar as
súas marcas. Esta mesma semana, iniciouse o curso Formación estratéxica para a
nova artesanÃa, máis centrado na xestión empresarial, e está prevista outra
actividade formativa online no marco do proxecto Enredadas.