Un cable promete axilizar a recarga dos nosos trebellos por USB
luns, 19 de xaneiro do 2015
AÃnda
que á hora de recargar a baterÃa dos nosos dispositivos móbiles tendemos a
fixarnos principalmente na calidade e potencia do seu cargador, un proxecto de
micromecenado en Indiegogo dá conta da importancia do cable, e asà lanzaron
unha campaña
para financiar o seu SONICable, que nunha semana xa ten multiplicado por 16
a cantidade precisa para que este produto poida ver a luz no mes de marzo.
Este cable de carga presume de ser o máis avanzado do mercado e
comercializarase en varias cores e en dous modelos: un para dispositivos con
Android (con micro USB) e outro para trebellos con iOS (con conector Lightning).
- O cable integra un conmutador para poder desactivar a sincronización de datos
Pero o terminador que vai conectado ao noso dispositivo móbil non é o que
define a esta curiosa solución, senón o feito de que no outro extremo ter un
conector USB reversible e no propio cable de 1,2 metros ten un interruptor que
permite desactivar a conectividade de datos do cable. Este último elemento é o
que promete conseguir mellores tempos de carga, xa que ao desactivar a
sincronización de datos o cable aproveitarÃase unicamente para a carga, o que
poderÃa reducir o tempo de carga á metade se o comparamos aos cables que
normalmente inclúen os nosos trebellos. O prezo deste cable a través de
Indiegogo é de 27 dólares (28,45 euros con gastos de envÃo incluÃdos) e a velocidade de carga que promete é máis que discutible (é de agardar que só cargue máis rápido nalgúns portos USB de ordenador, mentres que cun cargador autónomo non haberÃa diferenza con respecto a outro cable calquera de certa calidade).
VÃdeo promocional do SONCable