Un adaptador de Kensington facilita conectar monitores externos por USB 3.0

luns, 13 de maio do 2013 Marcus Fernández

Os usuarios dun equipo informático de Apple que desexen conectar o seu ordenador a varios monitores atopan que o seu equipo só conta cunha saída para tal fin, e para poder ampliar tal posibilidade poden valerse agora do seu porto USB 3.0 grazas ao novo adaptador universal multimonitor de Kensington, que está á venda por 89,99 euros e que facilita a conexión dun monitor secundario ou a proxector ou televisor de alta definición (inclúe un adaptador DVI-VGA para mellorar a súa conectividade) sendo capaz de achegar imaxes a unha resolución de ata 2.048 x 1.152 píxeles ou reproducir vídeo a 1.080p.
Este adaptador funciona con OS X dende a súa versión 10.6 (Leopard), e doado de instalar, para o que conta cunha versión actualizada do controlador DisplayLink para OS X. Este accesorio mide 25 x 165 x 184 milímetros e pesa uns 250 gramos.
Para equipos menos modernos (sen USB 3.0), o mesmo fabricante tamén conta con outro adaptador USB que funciona dende OS X 10.4.11 (así como con Windows 7/Vista/XP) a un prezo de 72,44 euros, pero cun rendemento claramente inferior (aínda que suficiente para aplicacións ofimáticas).

PUBLICIDADE