Un accesorio mellora o deseño dos adaptadores de corrente dos MacBook
venres, 11 de marzo do 2016
Os adaptadores de corrente dos portátiles de Apple teñen un
formato que, de conectalo a un enchufe de parede, pode resultar un chisco
molesto por ocupar demasiado espazo, xa que a súa forma de ladrillo disponse
perpendicularmente á parede, e agora unha compañÃa ofrece unha alternativa que
consiste nun adaptador que
permite a colocación do ladrillo en
paralelo, de xeito que se reduce o espazo ocupado de xeito considerable (deixándoo
en menos da terceira parte).
O novo adaptador, coñecido como Blockhead, aproveita o feito de que os
adaptadores de corrente de Apple teñen unha parte extraÃble para facilitar o
uso da mesma electrónica a nivel mundial, de xeito que só hai que cambiar dun
paÃs a outro o elemento que inclúe o conector de enchufe, que é precisamente o
que substitúe o novo accesorio que chegará ao mercado en abril e que nos EE.UU.
venderán a 19,95 dólares por un adaptador solto ou 34,95 dólares de adquirir
dúas unidades.
O Blockhead non só funciona con todos os adaptadores de corrente de portátiles
MacBook, senón que tamén poderÃa empregarse nos adaptadores de 10 e 12 watts
para iPad. Unha boa idea da que estarÃa ben que a propia Apple tomase nota.
- O aforro de espazo que permite o adaptador Blockhead resulta moi claro, reducindo á terceira parte a distancia á parede que ocupa o adaptador de corrente