Un accesorio levará a dixitalización tridimensional do noso contorno ao iPad
mércores, 18 de setembro do 2013- O accesorio ofrecerase en dúas cores distintas
A compañÃa californiana Occipital parece querer converterse
nun dos grandes éxitos en Kickstarter para o que resta de ano, pois a súa
proposta de creación dun accesorio para dispositivos móbiles que permite
dixitalizar obxectos tridimensionais, xogar coa realidade aumentada e
desenvolver aplicacións móbiles que fagan uso do mesmo para detectar o contorno
tridimensional conseguiu
superar os seus 100.000 dólares que tiñan marcado como obxectivo en só 3 horas,
quedando aÃnda 44 dÃas para completar esta campaña
de captación de fondos que pretende facer que o produto sexa unha realidade
en febreiro de 2014.
O Structure Sensor para iPad permite xerar modelos 3D de espazos interiores ou
dixitalizar tridimensionalmente obxectos e persoas para poder trasladar os
modelos a unha aplicación de deseño por ordenador ou a unha impresora 3D, aÃnda
que tamén ten certo potencial como sistema para gozar da realidade aumentada
con xogos que interactúen dun xeito especial co mundo real.
- O dispositivo inclúe os complementos para poder enganchalo ao iPad
O accesorio pode
captar os obxectos que estean a unha distancia de entre 40 centÃmetros e 3,5
metros, a súa baterÃa recargable permÃtelle operar ata 4 horas de uso e máis de
1.000 horas en espera, e nun principio está deseñado para funcionar en
dispositivos de Apple con conector Lightning (principalmente o iPad 4), aÃnda
que será posible conectalo a dispositivos con Android, Windows, OS X ou Linux,
pois ofrece controladores para varias plataformas.
O dispositivo ten unhas dimensións de 119,2 x 27,9 x 29 milÃmetros, pesa 99,2
gramos e funciona mediante sensores de infravermellos (dun xeito semellante a
como fai o Kinect da Xbox) e ofrécese a través de Kickstarter non só para
conseguir financiamento, senón tamén para poder chegar o máis rapidamente
posible a desenvolvedores e early
adopters, para que esta solución poida chegar máis adiante a unha audiencia
máis ampla.
Neste momento pode conseguir un dos kits do Structure Sensor por 359 dólares
(295 euros con gastos de envÃo incluÃdos), aÃnda que tamén ofrecen varios lotes dirixidos aos desenvolvedores máis impacientes (a prezos superiores) que permitiralles non ter que agardar a febreiro para conseguir o dispositivo, de xeito que poderÃan recibilo antes de rematar o ano.
Demostración do uso do Structure Sensor para a realidade aumentada