Ultimate Marvel vs. Capcom 3 chegará a Xbox One o 7 de marzo
venres, 10 de febreiro do 2017
En novembro de 2011 chegou a PS3 e Xbox 360 o xogo de loita Ultimate Marvel vs. Capcom 3, ofrecendo
un total de 50 personaxes dos cómics da Marvel e dos videoxogos de Capcom, e
para que este xogo non quedase afastado dos xogadores das novas consolas a
PlayStation 4 estreou o pasado decembro a súa adaptación con gráficos Full
HD e con animacións a 60 imaxes por segundo, que por fin está dispoñible
en reserva para Xbox One, consola que recibirá este tÃtulo de Capcom o
vindeiro 7 de marzo a un prezo de 24,99 euros.
O xogo contará con todos os contidos descargables que se lanzaron na anterior
xeración de consolas e sen dúbida é un bo xeito de facilitar a espera por Marvel vs. Capcom: Infinite, xogo que chegará ao
mercado a finais de 2017 e suporá unha importante renovación da
saga por funcionar cun motor gráfico 3D (Unreal Engine 4) pese a estarmos ante
un tÃtulo de loita con mecánicas 2D.
Tráiler de Ultimate Marvel vs. Capcom 3 para Xbox One