Ubiquitous propón que poidamos apagar os nosos electrodomésticos vÃa Wi-Fi
martes, 24 de maio do 2011
A compañÃa
xaponesa Ubiquitous
desenvolveu un curioso dispositivo chamado iRemoTap, que vén a ser un múltiple no que conectar distintos dispositivos á rede
eléctrica e que destaca porque
pode cortárselle o subministro de xeito remoto grazas a que conta con
conectividade Wi-Fi (permitindo o seu control dende un equipo na rede doméstica
ou incluso a través da Internet).
O iRemoTap tamén pode programarse para que informe por correo electrónico ou
Twitter no caso de detectar que un dispositivo conectado supera un nivel de
consumo predeterminado, para que poidamos decidir se apagalo remotamente.
Este dispositivo aÃnda está en fase de prototipo, pero é un interesante avance
de cara ao aforro enerxético no fogar, supondo que o propio iRemoTap teña un
consumo moi reducido que compense o seu uso para desactivar os electrodomésticos
que temos no fogar.
Explicación en vÃdeo do funcionamento do iRemoTap