UEFA EURO 2012 será unha expansión de pagamento do FIFA 12

xoves, 29 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Hai 4 anos ás consolas o videoxogo recibiron o UEFA EURO 2008 como un xogo completo, que non era máis que unha versión actualizada de FIFA 08, un paso innecesario antes de FIFA 09 que este ano non queren repetir, polo que agora anuncian que o 24 de abril chegará UEFA EURO 2012 como unha expansión do FIFA 12, recreando a Eurocopa deste ano coas 53 seleccións participantes, os 8 estadios oficiais e todo os elementos que permitirán recrear a competición dun xeito realista. Contará con versións para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 a prezos de preto de 20 euros, o que claramente é unha vantaxe en comparación coa compra dun xogo independente.
O xogo contará cun modo exclusivo que permitirá construír e competir con formacións personalizadas contra outros países europeos e durante o campionato tamén permitirá revivir os seus momentos máis importantes, baseándose en información sobre os partidos que terán lugar no mundo real.

O xogo contará coas 53 seleccións nacionais que participan na Eurocopa
UEFA EURO 2012 permitirá revivir situacións da competición real

PUBLICIDADE