Twitch prepara unha ferramenta para facilitar a retransmisión de videoxogos

venres, 9 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Existen numerosas solucións para a realización de retransmisións de partidas de videoxogos en directo dende ordenadores persoais, sendo a plataforma actual preferida para facer tal Twitch, e para facer o proceso máis doado decidiron iniciar as probas de Twitch Studio, unha amplicación de streaming todo en un, que facilitan que os novos streamers poidan realizar retransmisións de calidade.
A nova aplicación integra unha guía para axudar na configuración da cámara web e do micrófono, permite elixir entre diferentes deseños personalizables para que o stream teña unha boa aparencia e tamén conta cun apartado para amosar actividades, alertas e chats para axudar a conectar coa comunidade durante as emisións.
Polo momento esta ferramenta está nunha beta pechada, que irá abríndose paulatinamente a máis usuarios, xa que o que buscan é comprobar o seu bo funcionamento para ir corrixindo erros antes da súa publicación final.

PUBLICIDADE