Tuenti Móvil introduce no seu catálogo o HTC Desire C

martes, 19 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Tuenti Móvil continúa a reforzar o seu catálogo de móbiles pensando nos usuarios que non queren deixar moitos cartos no seu terminal, á vez que queren gozar de prestacións avanzadas, e nesta liña teñen agora o HTC Desire C, que pode adquirise en prepagamento por 189 euros, mentres que os usuarios de contrato pagarían por el 69 euros de tratarse dunha alta nova ou 29 euros nunha portabilidade, prezo que pode considerarse bastante vantaxoso para un smartphone con Android 4.0 con HTC Sense 4, pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles e tecnoloxía Beats Audio.
O HTC Desire C é un terminal cun procesador a 600 MHz, 512 Mb de RAM e 4 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSDHC, cámara de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, micro-USB, batería de 1.230 mAh, unhas medidas de 107,2 x 60,6 x 11,95 milímetros e un peso de só 98 gramos. Tamén inclúe 25 Gb de almacenamento en Dropbox durante 2 anos para que poidamos gardar as nosas fotografías na nube (con acceso ás mesmas dende a Galería do móbil).

PUBLICIDADE