Tu Cara Me Suena estrea videoxogos para PS4
luns, 10 de decembro do 2018
Na
liña dos xogos de SingStar sae
hoxe á venda Tu Cara Me Suena - El Videojuego,
tÃtulo inspirado no concurso de Antena 3, que pode mercarse tanto en soporte
fÃsico como en
dixital por só 19,99 euros, e que inclúe 19 das cancións interpretadas no
programa e que haberá que cantar para obter os 12 puntos en competición.
O xogo permite competir até a 8 xogadores no modo a dúo, onde cantar os mellores duetos do espectáculo, ou no modo reto para tratar de conseguir a
mellor puntuación.
Para cantar poden aproveitarse os diferentes micrófonos USB
compatibles coa PlayStation 4 ou aproveitar un smartphone ou unha tableta que
grazas a unha aplicación de balde para iOS e Android poden funcionar a xeito de
micrófonos sen fÃos.
Este xogo forma parte da gama PlayLink, que busca animar ao xogo en familia ou
con amigos ao redor da PlayStation 4 e aproveitando dispositivos móbiles para unha
interacción máis fluÃda.
VÃdeo promocional do xogo