Trunfa en Kickstarter unha cámara de alta velocidade económica
martes, 7 de outubro do 2014
O británico Graham Rowan, entusiasmado polas posibilidades
das gravacións a cámara lenta, decidiu desenvolver unha cámara que permitise a realización
deste tipo de vÃdeos a un prezo asumible, e para
financiar o proxecto recorreu a Kickstarter, conseguindo completar o seu
obxectivo de 20.000 libras esterlinas practicamente nun dÃa, demostrando o
interese do público por este tipo de produto.
Esta nova cámara leva por nome fps1000, ten un tamaño moi reducido (mide 71 x
71 x 28 milÃmetros) e só pesa 80 gramos, e comercialÃzase en 3 modelos
diferentes en función da calidade do vÃdeo que pode rexistrar. Deste xeito, por
349 libras esterlinas (457,35 euros cos gastos de envÃo incluÃdos) podemos
facernos co modelo SILVER, que grava vÃdeo de 640 x 480 pÃxeles a 840 imaxes
por segundo (podendo chegar a 16.500 imaxes por segundo a só 64 x 64 pÃxeles) o
que pode servir para introducirse nas producións en cámara lenta, aÃnda que o
seu modelo seguinte, o GOLD, xa resulta máis práctico, xa que é capaz de gravar
200 imaxes por segundo a 1.280 x 1.024 pÃxeles e 290 imaxes por segundo a 720p,
polo que xa servirÃa para vÃdeos de certa calidade, o que eleva o seu prezo ás
649 libras (839,53 euros cos gastos de envÃo incluÃdos).
- Esta pequena cámara pode gravar a elevada velocidade conseguindo conter o seu prezo
Pero a cámara realmente atractiva é a fps1000 PLATINUM, que pode gravar vÃdeo a
2.560 x 2.048 pÃxeles e 75 imaxes por segundo, Full HD a 200 imaxes por segundo
e vÃdeo a 720p a 550 imaxes por segundo, o que xa permite unhas producións
impresionantes, aÃnda que para poder optar a tal cámara haxa que desembolsar
999 libras (1.285,42 euros cos gastos de envÃo incluÃdos).
As cámaras comezarán a remitirse aos seus mecenas en xaneiro de 2015.