Trunfa en Kickstarter un espertador que carga até 3 trebellos sen fíos

luns, 14 de maio do 2018 Marcus Fernández

Dado que normalmente os nosos dispositivos electrónicos cárganse mentres durmimos, non é ningunha sorpresa que está a trunfar en Kickstarter a campaña para facer realidade o HyperCube, un cargador sen fíos para até 3 trebellos á vez que tamén conta con funcións de espertador bastante interesantes, xa que buscan facilitar que conciliemos ben o sono e tamén acordemos de xeito relaxado pola mañá.
O HyperCube integrará 3 paneis de carga Qi (compatibles cos últimos iPhone e cos smartphones de Samsung de alta gama dos últimos anos), conta con alarmas sonoras e de luz natural (de xeito que vai incrementando a intensidade da luz para espetarnos dun xeito tranquilo), conta con sons para axudarnos a durmir, conéctase cun panel luminoso LED (que pode aproveitarse para iluminar un chisco o dormitorio cando nos ergamos no medio da noite), pode controlarse mediante unha pantalla táctil ou unha aplicación móbil e pode empregase tanto nunha base que integra altofalantes bluetooth como en mobilidade (cando comportaríase como unha base de carga sen fíos máis compacta).
O conxunto completo de HyperCube, base altofalante, batería para o seu uso en mobilidade e panel luminoso LED pode conseguirse por 198 dólares (166 euros), mentres que o HyperCube solto partiría de 79 dólares (66 euros), aínda que cómpre advertir de que o produto non se entregará aos seus mecenas até, como mínimo, o mes de outubro.

Vídeo promocional da campaña de micromecenado do HyperCube

PUBLICIDADE