Trump estrea unha nova plataforma de comunicación

mércores, 5 de maio do 2021 Marcus Fernández

Tras verse apartado das plataformas sociais maioritarias por incumprir reiteradamente as súas normas, Donal J. Trump lanza a súa nova plataforma de comunicación como «un lugar para falar con seguridade e liberdade», que lonxe de ser unha plataforma social vén a ser basicamente un blog chamado From The Desk of Donald J. Trump.
Esta plataforma de Trump que xorde como alternativa a Twitter e Facebook, máis que un caderno de Internet tradicional encaixa máis no concepto de microblogging, con contidos relativamente curtos, que ben poderían terse publicado en fíos de Twitter, deixando claro como tal plataforma callou no xeito de comunicar de Trump. Cada unha das publicacións ofrecen a opción de darlle a gústame e compartirse a través de Twitter e Facebook, quedando claro que a intención é amplificar as mensaxes do expresidente dos EE.UU.
Este novo espazo web tamén conta coa posibilidade de subscribirse para recibir un aviso cada vez que Trump publique unha nova mensaxe.

PUBLICIDADE