Triunfa no Brasil un vídeo no que se manda a un veciño a "tomar no cu"

venres, 17 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O éxito en YouTube é algo bastante impredicible, de xeito que vídeos de bebés rindo, mascotas ou xente bailando loitan por acadar as mellores posicións no portal de vídeos de Google, e o último que podemos destacar é un clip gravado hai 3 meses no que se pode ver á actriz Cris Nicolitti cantando un tema dedicada a un veciño molesto na que constantemente se repite “vai tomar no cu en distintos tons e con coros de acompañamento.


O popular vídeo de Cris Nicolitti

A canción superou os 5 millóns de visualizacións en pouco máis de 3 meses dentro de YouTube, e mesmo está a colectar moitas vendas dunha versión da mesma para móbiles (superáronse as 150.000 descargas a entre 2,99 e 3,99 reais (entre 1,08 e 1,45 euros).
A actriz protagonista do vídeo está a estudar a posibilidade de lanzar un disco, e o clip xa conta con moitas réplicas na Rede, que van dende interpretacións de populares presentadoras de televisión ata debuxos animados.