Tres hospitais estatais lanzan unha aplicación específica para coidar a voz

luns, 13 de abril do 2015 Redacción

Esta semana, o día 16, celébrase a nivel internacional o Día Mundial da Voz. Coincidindo con este festexo, moi relacionado tematicamente, especialistas dos hospitais universitarios Ramón y Cajal de Madrid, Porta do Mar de Cádiz e Central de Asturias están a presentar a que sería, nas súas palabras, “a primeira aplicación en español para coidar a voz”. A ferramenta Coide a súa voz (en castelán Cuide su voz) apréndenos como recoñecer os síntomas perante os cales debemos acudir a un médico e as pautas máis axeitadas para manter a voz nun estado óptimo. Está dispoñíbel para Android a un prezo de 1,21 euros.
Este software, entre outras cousas, fornece aos usuarios consellos xerais sobre o coidado da voz e tamén imparte unhas liñas específicas para colectivos determinados como docentes, cantantes, locutores, actores, anciáns, nenos e pacientes que xa fosen intervidos cirurxicamente dalgunha patoloxía. A aplicación tamén achega, noutro apartado, os signos e síntomas que deben facernos acudir ao especialista para descartar calquera tipo de patoloxía da voz. Ademais, permite escoitar as voces das patoloxías máis frecuentes ou características, entre outras: cancro, cordectomía, disfonía espasmódica, edema de Reinke, esclerose lateral amiotrófica, nódulos, parálise de corda, pólipo, quistes e sulcus estriado.

PUBLICIDADE