Transformers: La CaÃda de Cybertron estrea demo para PS3 e Xbox 360
martes, 31 de xullo do 2012
O vindeiro 24 de agosto chegará ás tendas en versións para
Xbox 360, PlayStation 3 e PC o xogo Transformers: La CaÃda de Cybertron,
xogo que transpórtanos aos derradeiros dÃas do planeta orixinario dos
Transformers (Cybertron) onde está a ter lugar unha guerra entre Autobots e
Decepticons, pero os máis impacientes poderán probar dende hoxe mesmo o que
ofrecerá este tÃtulo de High Moon Studios, pois vén
de estrear demo para Xbox 360 e PlayStation 3.
A demostración inclúe unha misión do modo historia onde tomamos o papel de
Bumblebee (un Autobot) nunha misión de defensa e de Vortex (un Decepticon);
tamén permite acceder aos modos multixogador Team Deathmatch e Conquista. Con
estas posibilidades poderemos facernos unha moi boa idea do que será o xogo que
continúa as aventuras de Transformers: La
Guerra por Cybertron.
- O xogo chegará ás tendas o 24 de agosto, retomando aos Transformers clásicos (en vez de optar pola súa versión cinematográfica)
- Na demo podemos probar unha misión defensiva con Bumblebee
- Tamén teremos a opción de encargar a un Decepticon nesta nova demo
Trailer do xogo