Trackums, o smartphone para mascotas
luns, 31 de xullo do 2017
Moitas
son as so1lucións de localización de mascotas baseadas en tecnoloxÃa móbil que
hai no mercado, e agora chega a Indiegogo unha que quere ir máis aló,
combinando máis funcionalidades como lanterna LED, conversa bidireccional, balizas
xeográficas, etiquetaxe virtual e cámara de 2 MpÃxeles nun único trebello
chamado Trackums,
que busca xuntar 25.000 dólares para facerse realidade.
Este proxecto está a ofertarse por 120 dólares, prezo que inclúe o produto e un
ano de servizo, aÃnda que haberá que agardar para ver se realmente captou a
atención dos consumidores, que polo momento non parecen confiar cegamente na
n-ésima promesa dun «smartphone para mascotas».
O produto é un pequeno dispositivo de 52 x 37 x 14 milÃmetros e 36 gramos de
peso, cunha pantalla LCD de 1,22 polgadas cunha resolución de 240 x 240
pÃxeles, resistencia á auga (soportarÃa somerxerse até 30 minutos a un metro de
profundidade) e integrarÃa unha baterÃa de 430 mAh. Esta especie de
mini-smartphone con conectividade 3G colocarÃase no colar da nosa mascota,
empregarÃa a súa pantalla como etiqueta virtual (na que pode figurar o nome da
criatura ou o seu enderezo) e non só permitirÃa localizar por GPS ao animal,
senón que tamén poderá empregar unha aplicación móbil (para iOS e Android) para
disparar unha fotografÃa en remoto a través da súa cámara de 2 MpÃxeles
integrada, para asà saber mellor onde está, ou incluso para acender a súa
lanterna LED (facilitando as súa localización en lugares escuros).
Este produto tamén permite establecer balizas virtuais, ou sexa, que se a
mascota se afasta da zona indicada o usuario recibirá unha alerta na
aplicación.
O máis curioso é que realmente o trebello é un teléfono, ou sexa, que permite
establecer unha comunicación falada bidireccional, o que pode servir para
darlle instrucións (como mandarlle volver para dentro do fogar), pois resulta
evidente que non se pode manter unha conversa telefónica cun can ou gato (aÃnda
que no caso de que se perda tamén poderÃa resultar práctica a solución para
comunicarnos con quen atope á mascota).
Este produto está dirixido ao público estadounidense, pero de converterse nun
éxito está claro que tardariamos pouco en velo á venda no resto do mundo, xa
que a tecnoloxÃa na que está baseado está dispoñible globalmente.
VÃdeo de presentación de Trackums