Toy Soldiers: War Chest estrea versión para Xbox One

martes, 11 de agosto do 2015 Marcus Fernández

O xogo de Signal Studios Toy Soldiers: War Chest, que convídanos a lembrar nos nosos bonecos de acción favoritos nun título de acción e aventura, chega hoxe a Xbox One a un prezo de 14,99 euros, adiantándose ás versións para PlayStation 4 e PC, de xeito que xa podemos ver como será o enfrontamento dos catro exércitos de figuras dispoñible (Kaiser, Starbright, Phantom e Dark Lord). Estas batallas poderán saldarse incluso en liña en enfrontamentos de 1 contra 1 ou 2 contra 2, para enfrontar virtualmente aos xoguetes da nosa infancia, aínda que para poder gozar das franquías máis populares haberá que pasar por caixa.
Este xogo vén cargado con numerosos personaxes de marcas practicamente descoñecidas, pero dende hoxe mesmo están dispoñibles lotes descargables de figuras de He-Man e os Masters do Universo, G.I. Joe, Cobra e Assassin’s Creed, que poden mercarse por separado a un prezo de 4,99 euros ou no Paquete Legendary Heroes por 14,99 euros, que sería o que faría o xogo realmente interesante, permitindo que os xogadores que de pequenos xogasen cos bonecos de He-Man ou G.I. Joe poidan agora trasladar a experiencia á súa consolas de videoxogos ou ordenador, o que resulta especialmente rechamante por poder mesturar mundos totalmente diferentes, de xeito que guerreiros combaterán contra soldados, mentres entran na batalla osos de peluche, fadas e unicornios. Todo un contraste que era posible no baúl dos xoguetes de máis dun cativo nos anos 80.

Os Masters do Universo poden medir as súas forzas con outras figuras de acción
Os G.I. Joe protagonizan un dos paquetes descargables que enriquecen o xogo

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE