Toshiba venderá televisores 3D sen lentes antes de rematar o ano
luns, 4 de outubro do 2010
Durante a feira
de electrónica CEATEC 2010 que ten lugar estes dÃas no Xapón, Toshiba anunciou
o que parece ser os primeiros
televisores 3D que non precisan lentes en chegar ao mercado de consumo, e
que serÃan concretamente os Toshiba Rezga 12GL1 e 20GL1, con pantallas de 12
polgadas cunha resolución de 466 x 350 pÃxeles e 20 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 720 pÃxeles respectivamente. As tendas niponas terán estes
televisores dispoñibles
en decembro a 120.000 iens (1.051,77 euros) o modelo de 12 polgadas e 240.000
iens (2.103,54 euros) o de 20 polgadas, descoñecéndose o prezo que terán
noutros paÃses.
Sorprende que esta tecnoloxÃa chegue tan cedo a uns prezos que poderiamos
considerar moderados para seren uns dispositivos tan punteiros que poderÃan
marcar o camiño a seguir na adopción das 3D aos fogares de todo o mundo, pois o
uso de lentes especiais é un dos principais atrancos para a popularización das
3D, aÃnda que dende Toshiba son cautos ao asegurar que «levará varios anos desenvolver maiores televisores 3D sen lentes con
pantallas de 40 polgadas e un prezo razoable», de xeito que quen desexe
gozar de imaxes estereoscópicas en sistemas de cine en casa polo momento deberá
conformarse con usar lentes.
- Dende Toshiba deixaron ver tanto un modelo de televisor 3D sen lentes en tamaños de 12 e 20 polgadas