Toshiba presentará en febreiro os seus G450, G710 e G920
luns, 21 de xaneiro do 2008- O Toshiba G450 é un módem 3G que tamén funciona coma reprodutor de MP3 e móbil
Entre os días 11 e 14 de febreiro se celebrará o
Mobile World Congress de Barcelona, pero dende
Toshiba xa adiantan os terminais que presentarán no evento, que serán os
seus G450, G710 e G920, que pretenden atender ás demandas de distintos tipos de
usuario.
O Toshiba G450 é un módem USB 3G/HSDPA (soportando tamén conectividade EDGE e
GPRS) que pode funcionar tamén coma teléfono móbil (con funcións de chamada e
SMS) que mide 98 x 36 x 16
milímetros e só pesa 56 gramos. Conta con 160
Mb de memoria, unha pantalla OLED de 96 x 39 píxeles, unha autonomía de 300
horas en espera e 180 minutos en conversa, sorprendendo por funcionar tamén
coma reprodutor de MP3 (e AAC, AAC+ e eAAC+). Venderase a 199 euros dende
marzo.
|
E no tocante ós móbiles, Toshiba
lanzará novos Portégé G710 e G920, sendo o primeiro un móbil cunha
aparencia semellante ós terminais BlackBerry, contando cun teclado QWERTY, unha
pantalla de 2,46 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, GPS, sistema
operativo Windows Mobile 6, reprodución multimedia avanzada (con soporte de
MP3, WMA, WMV, MPEG-4 e mesmo os codecs H.263 e H.264), lector de tarxetas
microSD, cámara de 2 Mpíxeles, un peso de 130 gramos e unha
autonomía de 200 horas en espera e 180 minutos en conversa. Venderase tamén en
marzo a uns 300 euros.
Para rematar, tamén presentará o Toshiba Portégé G920 (do que se filtraran imaxes en
decembro) e que vén a ser a renovación do G900, ou sexa, un impresionante móbil
con Windows Mobile 6, GPS, pantalla de 3 polgadas cunha resolución de 800 x 480
píxeles, conectividade HSDPA/GPRS/GSM, Wi-Fi, Bluetooth 2.0 e USB, cámaras de 2
Mpíxeles e VGA, reprodutor multimedia, lector de pegadas dixitais e unha
autonomía de 460 horas en espera e 300 minutos en conversa. Mide 117 x 64 x 19,8 milímetros,
pesa 183 gramos
e se venderá a uns 600 euros.