Toshiba presenta varios equipos económicos con Windows 8.1
xoves, 5 de setembro do 2013
Toshiba parece querer destacar no mercado por unha completa
gama de dispositivos con Windows 8.1 válidos para empregar en mobilidade sen
supor un grande desembolso económico, polo que presentou
3 novos equipos que non chegan aos 600 dólares, co que poden captar a
atención de moitos consumidores que gusten de poder contar cun ordenador
completo cando están fóra da casa ou da oficina.
Un dos equipos máis atractivos dentro desta nova gama serÃa o Toshiba Encore,
un tablet con pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800
pÃxeles que permite empregar Windows 8.1 en vertical e horizontal e que
funciona cun procesador Intel Bay Trail Atom, 32 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb), cámara de 8 MpÃxeles,
dobre micrófono e saÃda micro-HDMI, que sairá á venda en novembro a un prezo de
só 329 dólares (249 euros).
Por outra banda, o Satellite Click si conseguirÃa adaptarse a un público máis
amplo, por tratarse dun hÃbrido entre tablet e portátil, que conta cunha
pantalla táctil de 13,3 polgadas e unha base (con teclado e trackpad) da que
pode desprenderse. Funciona cun procesador AMD A4, 4 Gb de RAM, disco duro de
500 Gb e acabado metálico. Chegará ao mercado este mesmo mes a un prezo de 599
dólares (454 euros).
E para os que precisen dun portátil con Windows 8.1, e busquen un prezo
axustado, o Toshiba Satellite NB15t chegará en novembro por 379 dólares (287
euros). Consiste nun ultraportátil de baixo custo que destaca pola súa pantalla
táctil de 11 polgadas, aÃnda que en prestacións limÃtase a un procesador Intel
Celeron e un disco duro de 500 Gb. O seu peso será de quilo e medio e o seu
grosor estará preto dos 2,5 centÃmetros, ou sexa, na liña dos netbooks aos que
estamos afeitos, pero destacando sobre os mesmos pola súa pantalla táctil.
- O Toshiba Satellite NB15t vén a ser un netbook con pantalla táctil