Toshiba presenta un portátil con 3 procesadores gráficos

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O Toshiba Qosmio X305 é un portátil de grande potencia, que sería moi axeitado para o seu uso con videoxogos xa que aparte dunha tarxeta nVIDIA GeForce 9400M integrada, tamén inclúe 2 nVIDIA 9800M GTS, de xeito que o usuario pode elixir entre un rendemento elevado ou un funcionamento máis silencioso e con maior autonomía.
Este novo modelo de portátil de Toshiba conta con dúas versións diferentes, con prezos escandalosamente diferentes, incluíndo o X305-Q706 un procesaor Core 2 Duo a 2,26 GHz, 4 Gb de RAM, disco duro de 320 Gb, Wi-Fi, Bluetooth e webcam por 1.999,99 dólares, mentres que o X305-Q708 vén cun procesador Core 2 Extreme a 2,53 GHz e aparte do disco duro de 320 Gb tamén inclúe un disco de memoria sólida de 128 Gb, o que incremente o seu prezo ata 4.199,99 dólares.

PUBLICIDADE