Toshiba comercializará no Xapón un tablet con Windows 7

mércores, 1 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Pese a que iOS e Android son os sistemas operativos predominantes no mercado dos tablets, Windows tamén pode ser válido para usuarios que buscan unhas prestacións equivalentes ás dun ordenador tradicional, especialmente para o seu uso corporativo, de aí que a mediados de mes vaian comercializar no Xapón o Toshiba WT310/C, un tablet cun procesador Intel Atom Z670 a 1,5 GHz, pantalla multi-táctil de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, 2 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento SSD, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, cámaras de 2 e 3 Mpíxeles, USB 2.0, HDMI, lector de tarxetas SDXC e sistema operativo Windows 7 Professional. Mide 296 x 196 x 15,8 milímetros e pesa 915 gramos. Polo momento non se coñece nin o seu prezo de venda nin a data na que chegará fóra do mercado nipón (se chega a facelo).

PUBLICIDADE