Toshiba aposta polos equipos convertibles

luns, 13 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Repasando o presentado a semana pasada no Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas temos que un dos produtos que resultou máis rechamante foi un ordenador portátil de Toshiba, por levar o concepto de equipo transformable un paso máis adiante, no que consideran que é un ordenador 5-en-1.
Este equipo pode manexarse como un ordenador portátil ordinario, é posible desprazar o seu teclado tras a pantalla para facilitar o seu transporte mentres se emprega como tablet, tamén pode separarse o teclado da pantalla para adoptar unha configuración semellante á dun ordenador todo-en-un de escritorio e pode utilizarse sobre a mesa como un tablet inclinado, conseguindo unha versatilidade que busca así tirar proveito de Windows 8.1 como un sistema operativo válido tanto para tablets como para equipos de escritorio.
Este equipo aínda é un deseño conceptual, e na actualidade xa hai algún ordenador comercial semellante (como os Lenovo IdeaPad Yoga), pero é unha boa mostra do que os fabricantes consideran que é a demanda do público: equipos que se adaptan ás distintas necesidades dos usuarios, eliminando a necesidade de empregar varios equipos para uns usos cada vez máis semellantes.

O portátil de Toshiba podría comportarse como un todo-en-un no escritorio
<script type='text/javascript' src='http://pshared.5min.com/Scripts/PlayerSeed.js?sid=281&width=640&height=394&playList=518080420'></script>


O equipo 5-en-1 de Toshiba captado polas cámaras de TechCrunch

PUBLICIDADE