Tomb Raider II estrea versión para iOS

xoves, 4 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Square Enix está a facilitar que poidamos gozar dos vellos xogos da franquía protagonizada por Lara Croft en dispositivos móbiles, e así como hai meses estreou o primeiro Tomb Raider na súa versión para iOS (á venda por 0,99 euros) agora pon á venda Tomb Raider II na App Store a un prezo de 1,79 euros.
Nesta aventura acompañaremos a Lara Croft na súa busca da Daga de Xian, tendo que enfrontarse n ocamiño con monxes guerreiros e membros transformados do culto que conspiran contra a arqueóloga máis ousada do mundo do píxel durante a súa viaxe que vai dende os cumios máis remotos do Tibet ás canles de Venecia, pasando polo fondo do mar.
O xogo tamén inclúe a expansión La Máscara de Oro, conta con numerosas armas (pistolas, lanza-granadas, rifles...) e vehículos (motos de auga ou de neve), polo que moitos gustarán de recuperar este título que como principal eiva ten o seu sistema de controis virtuais na pantalla táctil, que en moitas ocasións poden non resultar moi axitados para un título deste tipo que esixe certa precisión nos movementos.

O xogo manéxase a través de controis virtuais en pantalla

PUBLICIDADE