Tom Clancy’s H.A.W.K. 2 sairá no outono

xoves, 6 de maio do 2010 Marcus Fernández

A franquía de videoxogos de Tom Clancy continúa tan viva coma sempre, e ten varios títulos en preparación, desvelando Ubisoft que un deles será Tom Clancy’s H.A.W.X. 2, que no outono sairá para Xbox 360, PlayStation 3, Wii e PC, e que está a desenvolverse nos estudos de Ubisoft Bucharest, e que permitirá que ao usuario converterse no piloto dos avións máis avanzados tecnoloxicamente, nunha historia propia das tramas de Clancy, aínda que sen dar detalles sobre a mesma.
A primeira entrega de H.A.W.X chegou a primeiros de 2009 cun éxito moderado, principalmente por supor un importante cambio de xénero (boa parte dos títulos co selo de Clancy son shooters tácticos, de aí que moitos seareiros non gustasen do salto a un simulador de avións).

PUBLICIDADE