Tobii amosa no CeBIT un portátil controlable coa mirada

martes, 1 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Estes días na feira tecnolóxica CeBIT de Hannover pode verse un prototipo de portátil desenvolvido por Tobii Technology en colaboración con Lenovo, que permite amosar o estado actual da tecnoloxía se seguimento dos ollos nun produto de consumo. A tecnoloxía de Tobii pretende que os usuarios poidan interactuar con equipos informáticos empregando a mirada, o que consideran que é un método de control máis natural que o rato ou o teclado.
Este novo sistema de control non só podería ampliar a información dunha icona ou un gadget se fixamos a nosa mirada no mesmo, senón que tamén podería axustar o brillo da pantalla segundo detectase a nosa presenza mirando á pantalla (o que podería supor un importante aforro de enerxía) e incluso podería servir para que o cambio entre fiestras abertas puidese realizarse cos ollos, no que poderiamos entender como un paso máis na dirección de Kinect, aínda que poderiamos ter que agardar un par de anos para poder ver avances semellantes en produtos de consumo masivo.

PUBLICIDADE