Titanfall 2 sae á venda para PC, Xbox One e PS4
venres, 28 de outubro do 2016
Cando Respawn Entertainment lanzou Titanfall para Xbox One e PC, deixou fóra aos usuarios de
PlayStation 4 dun magnÃfico xogo de acción futurista que mesturaba acción
protagonizada por un soldado con habilidades acrobáticas que lembran ao parkour e momentos épicos nos que podÃase
tomar o control dun titán (vehÃculo antropomórfico que poderiamos describir
como un mecha) conseguindo innovar no
mundo dos shooters en primeira
persoa. Pero agora que este tÃtulo orientado ao multi-xogador estrea secuela,
ábrese a todas as plataformas de alta definición actual, de xeito que a
partires de hoxe podemos mercar Titanfall
2 para Xbox
One, PlayStation
4 e PC
(Origin) a prezos que parten dos 59,99 euros para PC e dos 69,99 euros para
consola.
A nova entrega de Titanfall conta
cunha nova e innovadora campaña para un xogador, que facilitará que os novos
xogadores collan experiencia para asà poder gozar logo do seu completo
multi-xogador (de até 16 xogadores) que promete ser un dos máis concorridos nos
vindeiros meses a tenor do éxito que tivo o xogo anterior. En Titanfall 2 tamén haberá unha maior
diversidade de titáns e pilotos, armas máis letais e avanzados sistemas de
personalización e progreso, que conforman unha superprodución que conseguiu
diferenciarse doutros shooters con
mecánicas innovadoras, movementos de auténtica vertixe e un ton que convida a
divertirse gozando da acción.
Cómpre detallar que a versión para PC ten uns requisitos técnicos bastante
asumibles (funcionarÃa en equipos cun procesador Intel Core i3-3600t, 8 GB de
RAM e unha gráfica nVIDIA GeForce GTX 660 con 2 GB de memoria) aÃnda que o
realmente impresionante serÃa contar cun equipo de elevadas prestacións
(procesador Intel Core i7-6700k, 16 GB de RAM e gráfica nVIDIA GeForce GTX 1080
con 8 GB de memoria) para poder gozar de gráficos de ultra alta definición a 60
fotogramas por segundo estables, ou sexa, unha experiencia cun nivel de detalle
impresionante.
Tráiler de lanzamento de Titanfall 2