Tim Cook asegura querer máis mulleres traballando en Apple

luns, 8 de xuño do 2015 Marcus Fernández

As bolsas do WWDC facilita que un bo número de mozas poida introducirse no sector tecnolóxico

Antes da presentación de Apple desta tarde dentro da WWDC, Tim Cook realizou unhas declaracións sobre a diversidade dentro da compañía da mazá, asegurando que están a esforzarse na integración de mulleres e persoas de distintas razas dentro da empresa por entender que esa política pode levalos a conseguir mellores produtos.
Cook recoñece que Apple e a industria tecnolóxica en xeran non fixo un bo traballo en favor da diversidade (o 70% dos traballadores de Apple son homes) e asegura que durante a presentación desta tarde haberá maior presenza feminina que en anteriores ocasións.
Un dos camiños que está a percorrer Apple para avanzar na diversidade son bolsas para contribuír a que novos desenvolvedores poidan acudir a encontros como o WWDC, o que non soluciona o problema, pero supón un avance. Pero Apple non só contrasta na diversidade sexual dentro da empresa, senón que tamén acontece o mesmo a nivel racial, e mentres nos EE.UU. hai un 13% de cidadáns de afro-americanos, dentro de Apple a proporción cae até o 7%, o que dá unha imaxe de discriminación contra a que a compañía quere loitar.
Pero está claro que unha compañía como Apple non pode dedicarse a contratar persoal seguindo un criterio de cotas, xa que ten que procurar contratar aos mellores, polo que o que debe solucionarse é o problema de raíz, de aí que orienten os seus esforzos á educación, como contribuíndo con 10 millóns de dólares á nova iniciativa Latinas in Tech, un proxecto o NCWIT que busca animar ás mozas a interesarse na tecnoloxía, conscientes de que a proporción de mulleres en titulacións informáticas está a caer estrepitosamente.

PUBLICIDADE