TikTok supera os 2.000 millóns de descargas
xoves, 30 de abril do 2020
Nas últimas semanas non paramos de falar do éxito dos
servizos que permiten videoconferencias en grupo, pero hai servizos máis tradicionais
que tamén experimentaron un importante crecemento, e dende SensorTower aseguran
que TikTok
superou a barreira dos 2.000 millóns de descargas globais entre a App Store
e a tenda de Google Play, facéndose coa honra de ter o mellor trimestre que ningunha
aplicación móbil tivo na historia.
Estiman que durante o primeiro trimestre do ano TikTok tivo 315 millóns de
descargas, volume moi superior aos 199,4 millóns do trimestre anterior, o que
poderÃa xustificarse coa irrupción da pandemia, o que poderÃa levar a que o
segundo trimestre do ano tamén fose moi importante para a aplicación de
ByteDance que pode presumir de ser a primeira grande aplicación móbil a escala global
en chegar dende China.
Pero non só as descargas de TikTok medraron, senón que o gasto dos usuarios na
aplicación tamén é moi importante, chegando aos 456,7 millóns de dólares en
toda a vida da aplicacións, cantidade dúas veces e media da que sumaba hai 5 meses,
cando chegaron aos 1.500 millóns de descargas. Curiosamente máis do 95% destes
ingresos proveñen da App Store, plataforma co 24,5% das descargas.