Thurya presenta o primeiro smartphone satelital con Android
venres, 13 de abril do 2018
A compañÃa de telecomunicacións Thurya presentou esta semana
o que aseguran que é o primeiro smartphone con conectividade satelital do
mercado, o Thuraya
X5-Touch, que funciona con Android e conta cunha pantalla táctil Full HD de
5,2 polgadas, converténdose nun produto moi axeitado para usuarios que se moven
con frecuencia por territorios fóra de cobertura de telecomunicacións
terrestres.
O Thuraya X5-Touch conta tanto con comunicación móbil como de satélite,
operando en modo dual completo e con dobre SIM, de xeito que opera
simultaneamente coa conexión de satélite e con modos GSM (2G, 3G e 4G),
conseguindo asà a conectividade máis completa do mercado. Ao estar orientado a
un uso en lugares remotos, a súa pantalla tamén conta con protección Gorilla glass
e o terminal conta con protección contra po e auga (IP67). O teléfono está equipado
con baterÃa de longa duración, integra botón de SOS e tampouco esquece cámaras
frontal e traseira. Opera con sistemas GPS, Glonass e BeiDou para navegación e
posicionamento, e tamén inclúe Wi-Fi, Bluetooth e NFC, polo que as súas
prestacións serÃan moi semellantes a calquera outro smartphone, coa grande
diferenza de estares equipado cunha antena para gozar de telefonÃa por
satélite.
Polo momento non desvelaron nin a data de lanzamento nin o prezo que terá este
produto que probablemente terá moi boa aceptación entre militares e
profesionais que tenden a desprazarse a zonas remotas.
- O Thurya X5-Touch presentouse esta semana en Dubai