Thrustmaster presenta o seu volante para a PS4

luns, 26 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Ao igual que Mad Catz presentou un volante para a futura Xbox One, Thrustmaster fixo o propio coa PlayStation 4, e presentou que a nova consola de videoxogos de Sony contará co volante oficial T80 - DRIVECLUB Edition, una edición limitada que chegará aos mercado co gallo do lanzamento do xogo de condución DRIVECLUB e que incluirá botóns para acceder aos opcións presentes no mando normal da PS4 (compartir, opcións e PS).
O novo volante está deseñado para axudar ao xogador a superar as súas marcas e conseguir unha mellor experiencia de uso dos xogos de condución, en boa medida polo seu tamaño (o volante ten un diámetro de 25 centímetros), moi superior aos controis dos mandos tradicionais, o que permite unha maior precisión. O volante tamén integra 11 botóns de acción, unha cruceta dixital, botóns para cambiar de marcha e pedais de acelerador e freo. O seu prezo de venda recomendado será de 99,99 euros.

PUBLICIDADE