Thronebreaker chega a consolas
martes, 4 de decembro do 2018
Coa triloxÃa de xogos de The Witcher rematada, CD Projekt Red non deixa morrer a
franquÃa, e hoxe estrea para
Xbox One e PlayStation
4 o xogo Thronebreaker: The
Witcher Tales, dispoñible dende hai uns dÃas para
PC, que ten todas as bazas para converterse nun éxito, xa que está moi
ben orientado aos que xa gustaron dos anteriores xogos da saga.
Estamos ante un xogo de rol de naipes para un xogador
ambientado no mundo de The
Witcher, no que hai que
tomar decisións e entran en xogo personaxes complexos e multidimensionais. Na
creación deste xogo participaron desenvolvedores involucrados en The Witcher 3: Wild Hunt, e narra o relato rexio de Meve, unha raÃña
curtida en mil batallas, soberana de dous dos Reinos do Norte (Lyria e Rivia)
que ante unha inminente invasión ten que entrar en guerra e partir nunha
sinistra viaxe de destrución e vinganza.
Temos asà un xogo de rol que combina exploración con grande énfase na trama,
con quebracabezas únicos e mecanismos de combate por quendas dos naipes. Está
inspirado en clásicos como Magic:
The Gathering; tira proveito da
tÃpica moralidade ambigua de The Witcher (que abre moitas posibilidades en
consecuencia das decisións que vaiamos tomando); estarÃa protagonizado por un
personaxe coñecido pero pouco explorado até o momento; e finamente ofrece máis de 30 horas
de xogo, polo que considerouse
axeitado convertelo nun tÃtulo con entidade de seu e non integrado no xogo de
naipes GWENT (xa que a historia da raÃña Meve era
bastante grande, merecedora dun xogo independente).
Tráiler do xogo