The Witcher 3 incorpórase a Xbox Game Pass
martes, 17 de decembro do 2019
O servizo Xbox
Game Pass é actualmente un dos maiores atractivos da consola Xbox One, xa
que facilita acceso ilimitado a máis dun cento de xogos por unha subscrición
mensual bastante asumible (e que actualmente ofrece 3 meses de balde por 1 euro,
para que os usuarios poidan probar as súas posibilidades) e para conseguir
captar aÃnda máis a atención cara a este servizo, veñen de anunciar que este
xoves incluirán no seu catálogo Life Is Strange 2, Pillars of Eternity
e The Witcher 3: Wild Hunt.
A incorporación de The
Witcher 3 en Xbox Game Pass semella unha xogada bastante intelixente xa
que, aÃnda que o xogo ten máis de 4 anos, aÃnda hai xogadores que non se
achegaron a el, e posiblemente sintan certa curiosidade a partires do vindeiro venres,
cando Netflix estreará unha serie
baseada nas novelas que inspiraron a esta popular saga de videoxogos
desenvolvida por CD Projekt Red.
VÃdeo no que anuncian as novidades de Xbox Game Pass