The Walking Dead contará cun novo xogo esta semana
mércores, 20 de marzo do 2013
O xogo
baseado no universo de The Walking Dead
que saÃu o ano pasado para numerosas plataformas conseguiu gañar moitos
premios, estando considerado como unha das grandes sorpresas de 2012, é aÃnda que
espérase que esta aventura gráfica teña unha segunda tempada este ano, dende
Activision non quixeron deixar pasar a oportunidade de explotar o éxito da
serie televisiva baseada no cómic de Robert Kirkman, e porá á venda o vindeiro
venres The Walking Dead:
Survival Instinct, un xogo de acción e supervivencia en primeira
persoa, que fuxe totalmente do ritmo do xogo de Telltale Games para meternos na
pel de Daryl Dixon (interpretado na pequena pantalla por Norman Reedus) que irá
acompañado polo seu irmán Merle (Michael Rooker).
Este novo xogo estará dispoñible para
Xbox 360, PlayStation
3, Wii U e PC a un
prezo aproximado de 59,99 euros, podendo adquirirse tanto en formato fÃsico
como nas principais tendas de descargas, pero aÃnda que a franquÃa na que se
apoia teña sona e os antecedentes no mundo do videoxogo sexan bos, parece que
non vaiamos a ter un tÃtulo digno da mesma, recibindo xa crÃticas
moi negativas por parte de medios como Kotaku ou Polygon,
que deixan claro que é un dos peores xogos do xénero que podemos atopar
actualmente.
Trailer de lanzamento do xogo
- O personaxe da serie de televisión, Daryl, será o protagonista deste xogo de acción en primeira persoa
- No xogo non faltará Merle, o irmán de Daryl