The Technomancer sae á venda para Xbox One, PS4 e PC

martes, 28 de xuño do 2016 Marcus Fernández

O xogo de rol The Technomancer, desenvolvido por Spiders e editado por Focus Home Interactive, ofrece unha aventura de ciencia ficción con combates de acción dinámica baseados en 4 árbores de talento dedicados a 3 diferentes estancias de loita e aos destrutivos poderes eléctricos dos tecnomantes, uns magos-guerreiros que potencian as súas habilidades innatas mediante implantes cibernéticos. Pero non só chegará a forza bruta para solucionar as distintas situacións que expón esta nova proposta, senón que tamén haberá que tirar proveito dun sistema de diálogo dinámico para que os protagonistas poidan ir alterando o curso do argumento a través das súas decisións.
No xogo ambientado no planeta vermello tamén haberá que crear equipamento, armas e armaduras para o xogador e os compañeiros que vaia recrutando durante a aventura, cos que estableceranse variadas relacións (que van dende o romance até a rivalidade). A historia levará ao fuxitivo protagonista a unha longa misión que o levará até as comunidades tribais de Marte, antigos asentamentos enterrados no xeo e suburbios distópicos aparecidos ao redor das poucas cidades restantes.
En definitiva, The Technomancer é un RPG de ciencia ficción ambientado nun Marte post-apocalíptico, no que ir progresando como guerreiro desenvolvendo habilidades e superando misións para sobrevivir nun planeta esnaquizado pola guerra e infestado de criaturas mutantes. Este prometedor xogo chega hoxe a PlayStation 4 e Xbox One a un prezo de 54,99 euros, mentres que para PC custa 10 euros menos, podendo adquirirse por só 38,24 horas durante as primeiras horas do seu lanzamento.

Tráiler de The Technomancer

PUBLICIDADE