The Spectrum poderá adquirirse cun libro en Xtralife
luns, 23 de setembro do 2024
O 22 de novembro chegará ás tendas The Spectrum, unha recreación do ZX Spectrum de 1982, coas súas peculiares teclas de goma, que pode conectarse a un televisor moderno mediante HDMI, inclúe unha boa selección de xogos precargados e incluso é compatible con mandos de xogo modernos, facilitando asà o goce dos xogos dos anos 80.
Este produto de Retro Games distribuÃdo en España por Plaion, estará dispoñible en diferentes versións, de xeito que nas tendas GAME venderase cunha caixa con ilustracións de Alfonso Azpiri e varios xogos precargados exclusivos, en MediaMarkt inclúe un calendario de agasallo (e actualmente cun desconto de 10,99 euros), na Fnac cunha lámina de Lorena Azpiri (rememorando o xogo Phantis, con portada orixinal do seu pai) e en Xtralife cunha lámina de agasallo, ofrecendo tamén a posibilidade de completar o lote co marabilloso libro El Mundo del Spectrum (no que fan un completÃsimo repaso da historia do ZX Spectrum) a un prezo de 119,95 euros, buscando asà satisfacer de vez as ansias de moitos nostálxicos dos xogos de 8 bits que no seu dÃa se tiñan que cargar en formato cinta.