The Secret of Monkey Island volverá por partida dobre

martes, 2 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Os gráficos de The Secret of Monkey Island adaptáronse á alta definición no seu remake

A aventura gráfica The Secret of Monkey Island que Lucasfilms Games lanzara para Atari ST, Mac e PC en 1990 terá este verán unha Special Edition para Xbox 360 e PC, que será un remake da primeira entrega da saga protagonizada por Guybrush Treepwood, que agora contará con gráficos en alta resolución, voces e nova banda sonora, conservando exactamente a mecánica do xogo orixinal e incluso permitindo visualizar o xogo con gráficos retro (algo que están a facer outros títulos semellantes que podemos adquirir no Bazar de Xbox LIVE para satisfacer aos máis nostálxicos). A versión para Xbox 360 deste xogo simplificará o sistema de control para adaptalo ao mando da consola.
Pero este non será o único título inspirado neste universo de piratas aderezado con moito humor, senón que Telltale Games está a traballar en Tales of Monkey Island, un xogo para PC e WiiWare que terá 5 entregas episódicas (coma tamén fan cos xogos de Sam & Max) e comezarán a publicarse o 7 de xullo.


Comparación de gráficos entre o xogo orixinal e o seu remake


Reportaxe sobre o remake de Monkey Island publicado en Gamespot


Trailer de Tales of Monkey Island

PUBLICIDADE