The Phantom Pain é a primeira das 12 ofertas de Nadal de PlayStation

luns, 30 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Aínda que as consolas de videoxogos non estiveron ausentes das rebaixas do pasado Black Friday, dende Sony non queren cesar as promocións e encadean xa as ofertas de Nadal, entre as que destaca a campaña 12 Ofertas de Nadal, na que durante 48 horas ofrece un xogo moi descontado, que renóvase ao rematar o prazo indicado, até completar a ducia de xogos, e que bota a andar con Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, que está dispoñible a metade de prezo, o que supón un prezo de 34,99 euros para PlayStation 4 e de 29,99 euros para PlayStation 3.
Esta oferta completase tamén cunha extensa colección de máis dun cento de xogos de PS3, PSP e PS Vita a menos de 15 euros (chegando a descontos do 80% do prezo orixinal), o que é unha boa oportunidade para que os xogadores que aínda non saltasen á PlayStation 4 poidan facerse cun bo catálogo de clásicos para así estirar a vida da súa consola.

PUBLICIDADE