The Parrot, un teleprompter para cámaras con obxectivos intercambiables

luns, 15 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Cada vez son máis as persoas que gravan vídeos empregando unha cámara réflex, e para os que queiran das ás gravacións un toque máis profesional, chega agora unha interesante solución para os que queiran ter dispoñible un sistema de lectura de textos mentres e mira a cámara, The Parrot, un teleprompter compacto que busca financiamento en Kickstarter, e que probablemente supere os 30.000 dólares que fixeron como obxectivo en poucas horas.
O concepto desta solución é bastante sinxelo, e consiste nunha carcasa robusta que contén un espello transparente pola súa parte traseira, de xeito que podemos colocalo diante do obxectivo da nosa cámara mentres reflexa o texto que pode amosarse nun smartphone situado baixo o espello.
O produto pretende remitirse aos seus mecenas en maio de 2015 e o seu prezo sería de 90 dólares (72,34 euros) na súa edición básica e de 100 dólares (80,38 euros) incluíndo un adaptador de lente a elixir entre varios tamaños, incluíndo en ambos casos gastos de envío e supondo un aforro considerable fronte aos 150 dólares que pretende custar este accesorio cando saia ao mercado.
The Parrot ten unhas medidas de 100 x 100 x 80 milímetros, pesa 120 gramos e pode resultar de grande utilidade para profesionais e afeccionados do audiovisual, precisando dun smartphone cunha aplicación de teleprompter (existen moitas actualmente) para facilitar o desprazamento de texto pola pantalla para a súa lectura durante as gravacións.

PUBLICIDADE