The Nathan Drake Collection terá Edición Especial

luns, 3 de agosto do 2015 Marcus Fernández

O vindeiro 7 de outubro, para facer máis soportable a espera para as novas aventuras de Nathan Drake, chegará ás tendas Uncharted: The Nathan Drake Collection, recompilatorio que conta coas tres entregas de Uncharted remasterizadas para PlayStation 4 para poder gozar de gráficos a 1.080p e 60 fotogramas por seguindo, así como ter acceso exclusivo á beta multi-xogador de Uncharted 4.
Pero non parece ser dabondo para os seguidores da saga desenvolvida por Naughty Dog, e por iso desvelan hoxe que contará cunha Edición Especial que incluirá un libro de ilustracións de 48 páxinas cunha selección de arte conceptual de El Tesoro de Drake, El Reino de los Ladrones e La Traición de Drake, o que encantará aos afeccionados ás aventuras de Drake. Esta curiosa edición completarase con adhesivos e unha caixa metálica para o xogo.

PUBLICIDADE