The Legend of Zelda cumpre 25 anos

luns, 21 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

The Legend of Zelda chegou hai 25 anos á NES

Cando temos tan fresco do 25 aniversario de Super Mario, outra grande franquía de Nintendo supera a mesma barreira de idade, pois foi un 21 de febreiro de 1986 cando chegou o xogo The Legend of Zelda á NES, para converterse nun clásico que leva anos adaptándose ás distintas consolas de Nintendo tanto domésticas coma portátiles.
Nestes 5 lustros cada plataforma de consolas de Nintendo contou con, coma mínimo, unha entrega desta saga que podería rivalizar coa de Super Mario, destacando tamén pola súa excelente calidade, e que este mesmo ano vai contar con entregas para a Nintendo 3DS (cun remake de The Legend of Zelda: Ocarina of Time, considerado coma un dos mellores xogos da historia) e para Wii (que con Skyward Sword busca tirar proveito dos controis da Wii dun xeito intensivo e non coma unha mera curiosidade coma fixeran no The Twilight Princess).

Cartucho do Zelda para NES
A Nintendo 3DS contará cun remake do clásico Ocarina of Time
Este ano chegará un novo Zelda para Wii

PUBLICIDADE