The Last of Us estrea versión de demostración

venres, 31 de maio do 2013 Marcus Fernández

Os usuarios que adquirisen o xogo God of War: Ascensión para PlayStation 3 poderán dende hoxe descargar a versión de demostración do agardado The Last of Us de Naughty Dog, adiantándose dúas semanas ao lanzamento deste título que promete ser un dos máis importantes para PS3 de todo o presente ano.
A demostración presente o nivel As Aforas no que Joel e Ellie, acompañados por Tess, enfrontaranse a varios inimigos infectados (o que permitirá ver os diferentes comportamentos e sistema de ataque de corredores e chasqueadores). Haberá que explorar o contorno e saquear os arredores na procura de obxectos e material que poida axudarnos a conseguir a vantaxe de ataque ou defensa que se axuste mellor ao noso estilo de xogo.

Na demostración de The Last of Us</Em> teremos que enfrontarnos a distintos infectados

PUBLICIDADE