The King of Fighters estrea versión para iPhone/iPod Touch

xoves, 7 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Se hai algunha saga que rivalizou con Street Fighter nos salóns recreativos, esa foi The King of Fighters, e agora SNK Playmore quere trasladar esa guerra aos dispositivos móbiles de Apple, de aí que estree na App Store o xogo The King of Fighters-i, xogo para iPhone e iPod Touch que está á venda por 5,99 euros. Este xogo de loita en 2D manéxase mediante controis virtuais na pantalla táctil dos trebellos de Apple, ten 14 tipos de xogabilidade no modo de 1 xogador, é compatible con Game Center, ten multitude de contido desbloqueable, permite competir contra outros usuarios a través de Bluetooth, goza dun reparto de 14 loitadores lendarios da saga (Kyo Kusanagi, Ash Crimson, Billy Kane…) e en outubro vai contar cunha actualización de balde con 6 personaxes extra e pantallas exclusivas, que alongarán a vida do xogo.

JPEG - 183.2 KB
Pese a trasladarse a un dispositivo portátil, o xogo mantén o seu nivel gráfico e xogable

PUBLICIDADE