The Interview factura 15 millóns de dólares na súa estrea en liña
luns, 29 de decembro do 2014
O filme The Interview
continúa a dar que falar, xa que a súa complicada estrea tras os problemas de
Sony Pictures con Corea do Norte e as ameazas indeterminadas recibidas polas salas fÃsicas de exhibición
converteron a esta produción en todo un experimento, xa que estreouse
simultaneamente en 331 cines independentes e a través de varias plataformas de streaming, o que serve para coller o
pulso deste tipo de plataformas en liña.
A explotación en salas convencionais durante a primeira fin de semana longa (comezou o dÃa de Nadal)de The Interview saldouse cunha recadación
aproximada de 2,8 millóns de dólares, o que pode considerarse como un auténtico
desastre se temos en conta que falamos dunha pelÃcula cun orzamento de 44
millóns de dólares, pero que foi parcialmente paliado grazas ás vendas de
billetes no seu formato electrónico, xa que bateu todas as marcas existentes
superando os 2 millóns de alugueres/compras en liña, o que suporÃa uns
15 millóns de dólares. Temos asà que The
Interview é a estrea en liña de máis éxito na historia de Sony, aÃnda que
iso tampouco é un grande logro, xa que as salas convencionais sempre puxeron
moitos atrancos para evitar as estreas simultáneas, e é de agardar que
continúen na mesma liña.
Tamén en iTunes
O filme comezou a comercializarse a través dunha páxina web creada para a ocasión (que curiosamente propiciou a distribución de centos de milleiros de copias nas redes P2P xa que era doado realizar unha copia local da pelÃcula para compartila libremente) asà como en populares servizos como Google Play, Xbox Video e YouTube Movies, aos que nas últimas horas incorporouse iTunes, limitándose esta canle de distribución só a EE.UU. e Canadá, condición que está a considerarse como un dos principais motivos para a distribución da obra a través de redes de intercambio de ficheiros.
Chiando en directo
Para facer aÃnda máis completa a experiencia de visualización de The Interview, un dos seus protagonistas (Seth Rogen) e o seu co-director (Evan Goldberg) decidiron ver a pelÃcula durante a pasada fin de semana á vez que publicaban chÃos en Twitter sobre a mesma, aos que tamén se unirÃa James Franco, de xeito que a Rede serviu para facer o papel da versión comentada da produción que moitas veces atopamos na súa versión en DVD e Blu-ray. Non serÃa de sorprender que este tipo de práctica se normalizase no futuro para moitas outras estreas no mercado doméstico como un xeito máis de que os autores conecten co público.
Problemas legais
- A cantante Yoon Mi-rae iniciará accións legais contra Sony Pictures por empregar unha das súas cancións sen permiso
Pero Corea do Norte e os ataques informáticos non son os único problemas
que está a atopar The Interview,
senón que agora tamén sabemos de que a cantante Yoon Mi-rae denunciou que na
pelÃcula empregan o seu tema Pay Day
sen a súa autorización, xa que, aÃnda que a súa axencia, Feel Ghood Music,
iniciara conversas para a incorporación do tema no filme, as negociacións non
remataran, polo que Sony Pictures fixo uso da canción sen contrato de ningún
tipo.
O uso do tema musical na pelÃcula non só precisarÃa do pagamento dos dereitos
de uso, senón tamén da correspondente autorización, xa que emprégase nun
momento no que se asocia con Kim Jong-Un e o hedonismo, o que poderÃa
prexudicar á imaxe de Yoon Mi-rae, aÃnda que o máis normal sexa que a polémica
ao redor de The Interview só lle
ocasione unha maior visibilidade magnificada polo anuncio de que iniciará
accións legais contra Sony Pictures.